Mar continúa con Asmecruz a rolda de contactos cos axentes socioeconómicos do sector

Santiago de Compostela, 16 de febreiro do 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse este luns con representantes da Asociación de Produtores Mexilloeiros de Cabo de Cruz (Asmecruz) co fin de coñecer as necesidades da entidade que permitan avanzar en medidas para reforzar a súa sustentabilidade económica, social e ambiental.

Ambas as partes coincidiron na importancia de seguir mantendo canles de diálogo permanente, amparadas no traballo coordinado entre a Administración e o sector dentro da Comisión do Mexillón, para impulsar accións que afonden no aumento da capacidade produtiva. Na actualidade, Galicia conta con 3.300 bateas dedicadas ao cultivo de mexillón que producen un total de 270.000 toneladas ao ano, o que representa o 94 % da produción española e un 50 % da mundial.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 16/02/2026