A Casa de Galicia en Madrid, escenario da presentación da marca Vanetta na capital
Madrid, 16 de febreiro de 2026
A Casa de Galicia en Madrid acolleu a presentación de Vanetta, unha marca galega que aposta pola innovación alimentaria a través de produtos 100% plant-based inspirados na tradición culinaria de Galicia. A iniciativa combina identidade gastronómica, investigación e desenvolvemento para ofrecer alternativas vexetais que manteñen o sabor e a esencia das receitas de sempre, adaptadas ás novas demandas de consumo.
O director da Casa de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, sinalou que “ é un pracer recibir a unha empresa que se alimenta da nosa tradición gastronómica” e que, a través da investigación e da innovación, “ofrece produtos novidosos que satisfán a demanda do tempo presente e tamén do tempo futuro”. Así mesmo, reproduciu como titular definitorio da marca a expresión: “Tradición galega, proteína vexetal e o sabor de sempre”.
Ramos agradeceu tamén á empresa a súa aposta pola “calidade e pola innovación sen renunciar ao ADN galego”, salientando o valor de iniciativas que proxectan unha imaxe contemporánea de Galicia, capaz de integrar tradición e vangarda no ámbito alimentario.
Vanetta reinventa receitas recoñecibles da gastronomía galega —como a zorza ou as croquetas— en versión 100 % vexetal, apostando por alternativas sostibles, ricas en proteína vexetal e elaboradas con ingredientes como a soia ou o garavanzo. A proposta combina identidade, sabor e innovación, mantendo os produtos tradicionais galego como elemento diferencial.