O delegado territorial da Xunta asiste ao ‘Luns Borralleiro’ correspondente ao Entroido de Laza

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, asistiu esta maña, acompañado do alcalde, José Ramón Barreal, ao Luns Borralleiro correspondente ao entroido de Laza, declarado Festa de Interese Turístico Nacional.

Nesta xornada desenvólvense as tradicionais actividades da Farrapada, A Xitanada de Burros, e posteriormente a Baixada da Morena, co lanzamento de formigas e fariña na praza da Picota.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/02/2026