A delegada da Xunta en Ferrol reúnese co Club do Mar de Ferrol
2026-02-17
/documents/35297/2032866/ReunionClubMarFerrol1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 17 de febreiro de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá no seu despacho a representantes do Club do Mar de Ferrol co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e seguir avanzando na colaboración con esta entidade deportiva.
O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 17/02/2026