Ana Ortiz felicita ao Centro de Estudos Aloya polo seu próximo 60 aniversario

Vigo, 19 de febreiro de 2026

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves o Centro de Estudos Aloya para felicitar á comunidade escolar ante o seu próximo 60 aniversario que celebrarán o vindeiro ano. Durante o percorrido polas instalacións viguesas de O Castro, a representante autonómica estivo acompañada pola directora, Estefanía Martínez-Brocal, e a xefa de estudos, Elena Galván, que detallaron os preparativos dos actos de celebración que comezarán este mesmo ano. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/02/2026