O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Amoeiro para abordar vías de colaboración en proxectos de interese municipal

Ourense, 20 de febreiro de 2026

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo unha reunión esta mañá co alcalde de Amoeiro, José Luis González, que serviu para analizar as principais necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.

Manuel Pardo, trasladoulle ao rexedor “o compromiso da Xunta de traballar de forma conxunta no desenvolvemento de iniciativas co fin de garantir o benestar dos veciños e veciñas do municipio”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/02/2026