O delegado territorial participa na presentación do ‘Campeonato del Mundo de Atletismo en Short Track Virtus Ourense 2026’
2026-02-23
/documents/35297/2035217/230226+P%C3%A9+de+Foto+-+Presentaci%C3%B3n+Campeonato+del+Mundo+Atletismo+Short+Track+VIRTUS+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 23 de febreiro de 2026
O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación do Campeonato del Mundo de Atletismo en Short Track VIrtus Ourense 2026, un evento internacional de referencia para deportistas con discapacidade intelectual, que se desenvolverá na pista cuberta de atletismo de Expourense dende o 4 ata o 9 de marzo, co apoio da Xunta de Galicia.
Esta cita, organizada pola Federación Española de Deportes con Discapacidad Intelectual (FEDDI) membro do grupo Virtus en España, será un acontecemento deportivo que, ademais de promocionar a inclusión a través do deporte, suporá un impacto social, económico e territorial na cidade de Ourense, situándoa no mapa global do atletismo.
Data de actualización: 23/02/2026