A Xunta reúnese coa empresa Sevetosa ingeniería para afondar na introdución de novidades tecnolóxicas no sector primario galego

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo unha xuntanza con representantes de Sevetosa Ingeniería, con quen avaliou a realidade do sector primario galego en termos vencellados coas últimas novidades tecnolóxicas aplicadas a este eido; así como nos campos da investigación e do I+D+i.

Neste sentido, destacou o papel que desenvolve esta empresa no seu eido, con proxectos pioneiros no ámbito da enxeñaría. Así, puxo en valor a súa predisposición para colaborar no desenvolvemento de novos proxectos no sector agrogandeiro galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/02/2026