A Xunta estuda vías de colaboración co concello da Guarda para impulsar un novo proxecto de pastoreo
Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2026
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, mantivo na mañá de hoxe unha xuntanza co alcalde do concello pontevedrés da Guarda, Roberto José Álvarez, e con representantes da directiva da comunidade de montes veciñais en man común de Camposancos. Nesta xuntanza, estudáronse posibles vías de colaboración para impulsar un novo proxecto de pastoreo cabrún na zona, que contribuiría na prevención fronte a posibles incendios forestais.
Deste xeito, dende o concello e a comunidade de montes prevese implantar unha iniciativa, baseada na xeolocalización dos animais con colares e valados virtuais. Neste sentido, José Balseiros explicou as diferentes liñas de achegas convocadas pola Consellería do Medio Rural e que teñen á súa disposición para poder desenvolver proxectos destas características.