A Xunta e a Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega avalían vías de colaboración en materia de formación e promoción deste animal autóctono

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe un encontro cunha representación da Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) para avaliar vías de colaboración en materia formativa e a prol da promoción deste animal autóctono.

Neste sentido, a Consellería do Medio Rural asinou o pasado ano un convenio con Puraga, dotado con máis de 190.000 euros ata 2027, para favorecer a conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos desta raza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/02/2026