A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Xunqueira de Ambía
2026-02-25
/documents/35297/2035223/260225_XunqueiraAmbia_x-2.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2026
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo esta mañá en San Caetano un encontro de traballo co alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes.
Nesta reunión, na que tamén estivo a directora territorial da Xunta en Ourense, Pilar Fernández León, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio.
Allegue salientou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns.
Data de actualización: 25/02/2026