A Xunta destaca a importancia da innovación tecnolóxica na prevención e extinción de incendios forestais na Feira internacional de seguridade

O director xeral de Defensa do Monte asistiu hoxe a este evento, onde salientou que Galicia conta con maquinaria de última xeración para atallar os lumes, con ferramentas como o batracio, as máquinas hidrostáticas polivalentes ou os robots de roza; así como con empresas punteiras neste eido

Madrid, 25 de febreiro de 2026

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, asistiu hoxe á vixésimo quinta edición da Feira Internacional de Seguridade (Sicur), que se está a celebrar estes días no Instituto Feiral de Madrid. Alí, o director xeral puido coñecer as novidades tecnolóxicas no eido da seguridade, tamén no ámbito dos incendios forestais, e puxo en valor a aposta do Goberno autonómico neste campo.

Destacou que a Consellería do Medio Rural conta con maquinaria de última xeración para traballar na prevención e extinción dos lumes, moita desenvolvida polo propio persoal do servizo. Salientou así a utilidade dos batracio, das máquinas hidrostáticas polivalentes ou dos robots de roza; así como a innovación de empresas galegas punteiras neste eido.

Na actualidade Sicur está consolidado como o evento de referencia en España no sector da seguridade integral. Nel reúnense profesionais e usuarios, tanto do eido público como privado, para presentar as novidades tecnolóxicas neste ámbito. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/02/2026