O Servizo Galego de Saúde publica a relación provisional das listas de selección temporal de tres categorías de licenciado sanitario de atención hospitalaria
Actualízanse as listas de selección temporal de facultativos especialistas de área, médico de admisión e documentación clínica e médico de hospitalización a domicilio
Resultaron admitidas 2.585 persoas
Proximamente publicaranse as listas provisionais de varias categorías de enfermería especialista ou do 061, entre outras
Santiago de Compostela, 4 de marzo de 2026
O Servizo Galego de Saúde publica no Diario Oficial de Galicia a actualización da relación provisional coa orde de prelación e a puntuacións obtidas polos admitidos no proceso de elaboración das listas de selección temporal de tres categorías de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria: facultativos especialistas de área, médico de admisión e documentación clínica e médico de hospitalización a domicilio.
En total foron admitidas 2.585 persoas, por categorías: 2.390 na categoría de facultativos especialistas de área, 59 na de médico de admisión e documentación clínica e 136 na de médico de hospitalización a domicilio.
O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 427 en facultativos especialistas de área, 11 en médico de admisión e documentación clínica e 41 en médico de hospitalización a domicilio.
As listas atópanse publicadas, á disposición dos interesados, na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Os interesados poderán presentar reclamación ante as xerencias das áreas sanitarias e as direccións con competencias na xestión de persoal das entidades adscritas á Consellería de Sanidade no prazo de dez días hábiles, ata o 18 de marzo.
Proximamente publicaranse as listas provisionais de enfermeiro especialista en enfermería de saúde mental, enfermeiro especialista en enfermería do traballo, enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria, enfermeiro especialista en enfermería obstétrico-xinecolóxica (matrona), enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias, médico coordinador do 061, médico asistencial do 061, pediatra de atención primaria e técnico de saúde de atención primaria.