A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Santiso

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Santiso, Manuel Adán.

No encontro mantido en San Caetano, ao que tamén asistiu a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire, abordáronse diferentes actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio.

A Xunta segue colaborando cos concellos, prestándolles apoio para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/03/2026