Martina Aneiros destaca a Semana Santa de Ferrol como motor turístico e económico que “non entende de idades”
Ferrol, 6 de marzo de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, comprometeu, unha vez máis, o apoio do Goberno galego, á celebración da Semana Santa ferrolá durante a súa intervención no acto do pregón, que este ano correu a cargo do xornalista Isidoro Valerio.
Durante o acto que se desenvolveu no teatro Jofre, Aneiros destacou a relevancia desta Festa de Interese Turístico Internacional como “non só unha mina relixiosa e cultural senon tamén un motor turístico e económico, moi relevante a nivel galego”. Puxo ademais en valor o traballo de todas as persoas que contribúen a que esta celebración sexa unha realidade e atraia cada ano a milleiros de persoas e reivindicou a Semana Santa ferrolá como patrimonio xeneracional que “non entende de idades” e animou a todo o mundo a experimentar “o que é unha Semana Santa ferrolá”.