O seguimento na quenda de mañá da folga de facultativos de atención primaria acada o 3,88 % na sanidade pública galega
A Consellería de Sanidade insta ao sindicato O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2026
O seguimento da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega na quenda de mañá deste luns foi do 3,88 % nos centros sanitarios da comunidade galega.
Por áreas sanitarias, o seguimento na área sanitaria da Coruña e Cee foi do 4,62 %; na de Ferrol, 3,91 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 2,82 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 2,22 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1,5 %; na de Pontevedra e O Salnés, 3,32 %; e na de Vigo, 7,01 %.
O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.
Como consecuencia da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega nas cinco xornadas de folga da semana pasada suspendéronse 26.668 consultas en Galicia.
A Consellería de Sanidade insta a O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido.