O seguimento na quenda de mañá da folga de facultativos de atención primaria acada o 4,44 % na Sanidade Pública Galega

A Consellería de Sanidade insta ao sindicato O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2026

O seguimento da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega na quenda de mañá deste martes foi do 4,44 % nos centros sanitarios da comunidade galega.

Por áreas sanitarias, o seguimento na área sanitaria da Coruña e Cee foi do 4,99 %; na de Ferrol, 3,13 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 4,1 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 1,79 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1,52 %; na de Pontevedra e O Salnés, 6,31 %; e na de Vigo, 7,41 %.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Como consecuencia da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega en seis xornadas de folga suspendéronse 30.574 consultas en Galicia.

A Consellería de Sanidade insta a O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido.

Data de actualización: 10/03/2026