A Xunta felicita a Xesús Ferreiro e a Xavier Anido, campións de Europa na categoría 3 de rallies históricos
2026-03-11
/documents/35297/2046594/20260311RecepcionRalliesHistoricos+%282%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, xunto co secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiron o equipo galego Melide Motorsport, que se proclamou campión da categoría 3 (para vehículos matriculados entre 1976 e 1981) do Campionato de Europa FIA de Rallies Históricos.
Xesús Ferreiro e Xavier Anido, cun Ford Scort RS1.800 MKII, fixeron pleno de vitorias na categoría 3 nas seis probas do europeo que disputaron. Ademais, Anido subiu ao podio na clasificación xeral de copilotos. Nesta temporada cambiarán o asfalto por terra.
Data de actualización: 11/03/2026