O seguimento na quenda de mañá da folga de atención primaria acada o 3,36 % na sanidade pública galega
No que vai de mes, o paro supuxo a suspensión de052 consultas
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2026
O seguimento da folga de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega na quenda de mañá deste venres foi do 3,36 % nos centros sanitarios da comunidade galega.
Por áreas sanitarias, o seguimento na área sanitaria da Coruña e Cee foi do 3,80 %; na de Ferrol, 4,69 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 3,33 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 2,11 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 0,29 %; na de Pontevedra e O Salnés, 1,42 %; e na de Vigo, 6,25 %.
O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.
Como consecuencia da folga de facultativos de atención primaria convocada pola organización sindical O’Mega en nove xornadas de folga, entre o luns 2 e o xoves 12 de marzo, suspendéronse 43.052 consultas en Galicia.