A Xunta resalta no concerto de Luar na Lubre en Bos Aires o papel da música para manter viva a identidade galega no exterior e conectar coas novas xeracións
Bos Aires (Arxentina), 13 de marzo de 2026
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu en Bos Aires ao concerto do grupo galego Luar na Lubre, celebrado no marco da xira internacional coa que a banda conmemora o seu 40 aniversario. No evento tamén participou o delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, así como o Embaixador de España na Arxentina, Joaquín de Arístegui Laborde, e o consejero cultural da Embaixada, Roberto Varela, nunha cita que reuniu a numerosos membros da colectividade galega e española na capital arxentina.
Durante o concerto, Miranda destacou o papel da música como un dos vehículos máis potentes para manter viva a identidade galega entre as comunidades do exterior e para reforzar os vínculos culturais entre Galicia e a súa diáspora. O secretario xeral agradeceu tamén o labor das entidades da colectividade que fan posible este tipo de iniciativas culturais, que permiten achegar Galicia ás novas xeracións de descendentes e seguir fortalecendo a presenza da cultura galega na Arxentina.