Martina Aneiros reitera o compromiso da Xunta coa Semana Santa ferrolá durante a presentación da revista ‘Ecce Homo’
2026-03-13
/documents/35297/2046600/PresentacionEcceHomo+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 13 de marzo de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na presentación da revista Ecce Homo e o procesionario da Semana Santa de Ferrol 2026, onde reivindicou estas publicacións como ferramentas de coñecemento e aprendizaxe.
Aneiros aproveitou para agradecer o traballo dos colaboradores da revista así como o das confrarías, recordando que “grazas ao seu esforzo, a Semana Santa de Ferrol é o que é hoxe”.
Durante a súa intervención, Aneiros comprometeu o compromiso da Xunta de Galicia de “seguir avanzando xuntos nesta Festa de Interese Turístico é tamén unha boa mostra de Galicia Calidade”, apuntando que “se algo é exemplo de calidade galega é a Semana Santa Ferrolá”.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia
Data de actualización: 13/03/2026