O seguimento na quenda de mañá deste luns da folga médica acada o 21,58 % en atención hospitalaria e o 4,42 % en atención primaria

No conxunto dos dous niveis asistenciais, a folga tivo un seguimento do 16,80 %

Nos sete grandes hospitais a porcentaxe de participación foi do 22,23 % e do 14,64 % nos comarcais

No que atinxe á atención primaria, a área con máis seguimento foi a de Vigo con 6,87 % e a que menos a de Ourense, cun 1,80 %

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2026

O seguimento da folga de médicos na quenda de mañá desde luns acadou o 21,58 % en atención hospitalaria e o 4,42 % en atención primaria. No conxunto dos dous niveis asistenciais, a folga tivo un seguimento do 16,80 %.

Na xornada deste luns conflúen a folga médica convocada a nivel nacional contra o Estatuto Marco promovido polo Goberno central e a folga de atención primaria.

A porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Servizo Galego de Saúde, na quenda de mañá, acadou o 22,23 %. En canto aos hospitais comarcais, o seguimento foi do 14,64 %.

Por centros hospitalarios, o paro foi secundado polo 22,45 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; o 17,19 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; o 15,88 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; o 16,70 % no caso do Hospital Universitario Lucus Augusti; o 25,08 % no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; o 24,79 % no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; e o 29,10 % no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.  No conxunto dos hospitais xerais, o seguimento medio da folga acadou o 22,23 %.

No caso dos hospitais comarcais, o seguimento acadou o 12,07 % no Hospital Público de Cee; o 14,71 % no Hospital Público de Barbanza; o 15,97 % no Hospital Público da Mariña; o 13,70 % no Hospital Público de Monforte de Lemos; o 11,48 % no Hospital Público do Barco de Valdeorras; o 13,11 % no Hospital Público de Verín; e o 18,99 % no Hospital do Salnés. No conxunto dos hospitais comarcais, o seguimento medio da folga foi do 14,64  %.

En canto ao seguimento en atención primaria na quenda de mañá, por áreas sanitarias, foi o seguinte: área sanitaria da Coruña e Cee, 4,27 %; área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, 4,83 %; área sanitaria de Ferrol, 5,47 %; área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 2,26 %; área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1,80 %; área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, 4,85 %; e área sanitaria de Vigo, do 6,87 %.   

Pola súa banda, en entidades sanitarias como son a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a empresa pública de servizos sanitarios Galaria e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o seguimento na quenda de mañá acadou o 1,23 %.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Data de actualización: 16/03/2026