O seguimento na quenda de mañá deste mércores da folga médica acada o 24,1 % en atención hospitalaria e o 4,73 % en atención primaria

No conxunto dos dous niveis asistenciais, a folga tivo un seguimento do 18,9 %

Nos sete grandes hospitais a porcentaxe de participación foi do 24,81 % e do 16,57 % nos comarcais

O maior seguimento en atención hospitalaria rexistrouse no Complexo Hospitalario de Vigo, cun 30,80 % e no que menos no Hospital Universitario Lucus Augusti, cun 19,80 %

No que atinxe á atención primaria, a área con máis seguimento foi a de Pontevedra con 7,11 % e a que menos a de Lugo, cun 2,15 %

En termos globais, a folga médica acada na mañá deste mércores o 18,75 %

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2026

O seguimento da folga de médicos na quenda de mañá desde mércores acadou o 24,1 % en atención hospitalaria e o 4,73 % en atención primaria. No conxunto dos dous niveis asistenciais, a folga tivo un seguimento do 18,9 %.

Na xornada deste mércores conflúen a folga médica convocada a nivel nacional contra o Estatuto Marco promovido polo Goberno central e a folga de atención primaria.

A porcentaxe de participación nos sete grandes hospitais do Servizo Galego de Saúde, na quenda de mañá, acadou o 24,81 %. En canto aos hospitais comarcais, o seguimento foi do 16,57 %.

Por centros hospitalarios, o paro foi secundado polo 24,8 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; o 24,04 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela; o 20,41 % no caso do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol; o 19,8 % no caso do Hospital Universitario Lucus Augusti; o 23,46 % no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; o 23,63 % no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra; e o 30,8 % no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

No caso dos hospitais comarcais, o seguimento acadou o 7,84 % no Hospital Público de Cee; o 17,65 % no Hospital Público de Barbanza; o 15,97 % no Hospital Público da Mariña; o 14,47 % no Hospital Público de Monforte de Lemos; o 6,56 % no Hospital Público do Barco de Valdeorras; o 19,67 % no Hospital Público de Verín; e o 28,92 % no Hospital do Salnés.

En canto ao seguimento en atención primaria na quenda de mañá, por áreas sanitarias, foi o seguinte: área sanitaria da Coruña e Cee, 3,48 %; área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, 5,6 %; área sanitaria de Ferrol, 3,91 %; área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 2,15 %; área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 2,73 %; área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, 7,28 %; e área sanitaria de Vigo, do 7,11 %.   

Pola súa banda, en entidades sanitarias como son a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a empresa pública de servizos sanitarios Galaria e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o seguimento na quenda de mañá acadou o 3,61 %.

En termos globais, a folga médica acada na mañá deste mércores o 18,75 %.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

Data de actualización: 18/03/2026