Martina Aneiros reúnese coa AVV de Prioriño no eido do proxecto Camiño do Litoral
2026-03-18
/documents/35297/2054407/Reuni%C3%B3nAVVPriori%C3%B1o.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 18 de marzo de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, mantivo esta mañá unha reunión co presidente da Asociación de Veciños Prioriño, Ricardo Seijas, co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e abrir vías de colaboración vencelladas ao litoral.
O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.
Departamento:
C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
Data de actualización: 18/03/2026