Javier Arias destaca o apoio da Xunta ao audiovisual galego, que entrega mañá en Lugo os premios Mestre Mateo

Lugo, 20 de marzo de 2026

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que a Xunta impulsa o sector audiovisual galego para “incentivar a creación, incrementar o número e calidade das producións e darlles maior visibilidade, mesmo na escena internacional”.

Arias participou hoxe na visita institucional aos ensaios da gala dos premios Mestre Mateo, que se celebrará mañá no auditorio Fuxan os ventos, “unha infraestrutura construída pola Xunta precisamente para ser un referente cultural en Galicia”, afirmou.

O delegado salientou o bo momento que vive o sector, ao que o Goberno galego destinará este ano máis de 6,5 millóns de euros, en achegas para producións e coproducións, atracción de rodaxes ou organización de festivais, entre outros conceptos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/03/2026