Belén do Campo asiste á estrea do espectáculo musical 'Mamma Mia' no Palacio da Ópera da Coruña

A Coruña, 16 de xullo de 2026

A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, asistiu esta tarde á estrea do espectáculo Mamma Mia no Palacio da Ópera da Coruña.

Coa súa presenza neste acto, a representante do Goberno galego quixo mostrar o respaldo da Xunta, a través dos concertos do Xacobeo, ás iniciativas musicais que contribúen a enriquecer a programación de Galicia e consolidan á Coruña como un referente para a celebración de grandes espectáculos. 

Concertos do Xacobeo que permiten achegar a Galicia artistas e produccións de primeiro nivel, á vez que dinamiza a economía local, impulsa o turismo, fortalece o sector cultural e proxecta a imaxe da comunidade como un destino de referencia para os grandes eventos.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/07/2026