A Xunta felicita ao Hockey Club Liceo, campión da Copa do Rei
2026-03-23
/documents/35297/2062013/20260323RecepcionHockeyClubLiceo7.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 23 de marzo de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiu hoxe os integrantes do Hockey Club Liceo tras quedar campións esta fin de semana da Copa do Rei. Trátase da undécima copa do equipo galego, que xa suma máis de 40 títulos.
Diego Calvo sinalou que este novo título engrandece a historia do hóckey e do deporte galego, e incidiu no orgullo que representan para Galicia os éxitos do Hockey Club Liceo, ao que desexou seguir celebrando logros nas competicións nas que participa tanto a nivel nacional como internacional.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 23/03/2026