O seguimento na quenda de tarde da folga de atención primaria acada o 1,61 % na sanidade pública galega

O paro está convocado polo sindicato CIG, a única forza sindical que non se sumou ata o momento á reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2026

O seguimento da folga de atención primaria convocada polo sindicato CIG na quenda de tarde deste xoves foi do 1,61 % nos centros sanitarios da comunidade galega.

Por áreas sanitarias, o seguimento na área sanitaria de Ferrol foi do 1,33 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 1,54 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 0,67 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 0,90 %;  e na de Vigo, 4,46 %. Nas áreas sanitarias da Coruña e Cee e na de Pontevedra e O Salnés a folga non tivo seguimento na quenda de tarde.

O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.

A CIG, convocante do paro no día de hoxe de atención primaria, é a única forza sindical que decidiu non sumarse ao acordo para a reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais.

Data de actualización: 26/03/2026