Medio Rural pon en valor os produtos do selo artesanía alimentaria na Festa do Porco Celta de Friol
2026-03-28
/documents/35297/2062028/20260328AelmpartePorcoCeltaFriol.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Friol (Lugo), 28 de marzo de 2026
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á VIII Festa do Porco Celta de Friol, celebrada neste concello. Nela, puxo en valor os produtos amparados polo selo de calidade diferenciada Artesanía Alimentaria, entre os que se atopan operadores que elaboran derivados cárnicos de porco celta.
Neste sentido, subliñou que iniciativas como esta contribúen á promoción dos produtos agroalimentarios, ao mesmo tempo que actúan como punto de encontro social e como dinamizadoras da actividade económica e turística nas zonas rurais. Ademais, neste caso concreto, tamén se potencia unha raza autóctona como é o porco celta, contribuíndo á súa conservación e fomento.
Data de actualización: 28/03/2026