Javier Arias participa na recepción á Armada española dentro dos actos da Semana Santa en Lugo

Lugo, 30 de marzo de 2026

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou esta mañá en Lugo na tradicional recepción oficial á Armada española, presidida polo almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Vicente Rubio Bolíbar.

Trátase dun dos actos máis emblemáticos da Semana Santa lucense, que inclúe o pase de revista, o desfile de tropas e a homenaxe aos caídos. A recepción serve de antesala á procesión da Virxe da Esperanza, que se celebra na tarde deste Luns Santo co acompañamento das forzas navais, unha tradición que se mantén de xeito ininterrompido na cidade desde hai máis de sesenta anos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/03/2026