Turismo de Galicia apoia a declaración da Romaría da Saínza como festa de interese turístico nacional
2026-03-30
/documents/35297/2071706/20260330+P%C3%A9FotoAlcaldesaRairiz+%281%29.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2026
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo esta mañá unha reunión coa alcaldesa de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade, na que esta lle trasladou todos os traballos que ten realizado o goberno local para solicitar a declaración da Romaría da Saínza coma festa de interese turístico nacional.
O director de Turismo de Galicia salientou a importancia deste recoñecemento para a promoción turística da comarca da Limia, en Ourense, e de Galicia, en xeral e manifestou o seu apoio á tramitación do expediente axilizando o informe autonómico previo á presentación de toda a documentación ante o Goberno central.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia
Data de actualización: 30/03/2026