A reitora electa da USC incorpórase á comisión de seguimento do acordo de Medicina

O órgano celebra unha reunión para facilitar a transición entre Antonio López e Rosa Crujeiras, a quen a Xunta lle transmite a máxima disposición a seguir colaborando

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2026

A comisión de seguimento encargada de desenvolver o acordo para a descentralización do grao en Medicina reuniuse esta tarde, un encontro no que se incorporou por primeira vez a este órgano a reitora electa da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras. A finalidade deste encontro foi repasar os asuntos tratados ata o momento co obxectivo de facilitar a transición entre o reitor saínte da universidade compostelá, Antonio López, tamén presente na xuntanza, e a nova responsable desta institución, que tomará posesión o 10 de abril. 

Os conselleiros de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, déronlle a benvida e transmitíronlle a máxima disposición da Xunta a colaborar en prol da mellor formación dos médicos do futuro.

Esta é a segunda reunión da comisión, tras a sesión constitutiva celebrada o pasado 20. A maiores deste órgano, acordouse a creación de dous grupos de traballo para avanzar no cumprimento do acordo, un centrado no aspecto técnico e xurídico, outro de carácter económico, que están a avanzar nos labores necesarios para levalo a cabo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/03/2026