Medio rural e o concello de Ortigueira avalían vías de colaboración a prol da promoción dos produtos agroalimentarios galegos

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta semana unha reunión co alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, para avaliar vías de colaboración a prol da promoción dos produtos agroalimentarios galegos.

Nesta localidade celébrase anualmente a Feira Agroalimentaria e Feira do Mel no Ortegal, co obxectivo de promocionar aos diferentes produtores e comercializadores, así como poñer en valor a calidade das producións locais. Cómpre engadir tamén que a nosa comunidade conta co selo de calidade diferenciada da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, que o pasado ano acadou unha produción certificada de preto de 370.000 quilos de mel -o seu máximo histórico-.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/04/2026