A Xunta define a Moexmu como unha das feiras de referencia en Galicia no sector agrogandeiro

Cospeito (Lugo), 12 de abril de 2026

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu hoxe á entrega de premios da 42ª edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), que se celebra no concello lucense de Cospeito. José Balseiros cualificou este evento como unha das feiras de referencia en Galicia no sector agrogandeiro.

Moexmu conta con exposicións, concursos e poxas de gando, que contribúen a favorecer a comercialización de exemplares de gran calidade, redundando na mellora xenética da cabana gandeira galega. Ademais, no marco desde evento celébrase un certame específico para novos manexadores, achegando o sector aos máis pequenos

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/04/2026