Martina Aneiros preside a Comisión Territorial de Coordinación da Delegación de Ferrol
2026-04-13
/documents/35297/2086709/ComisionTerritorialdeCoordinacion.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 13 de abril de 2026
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá unha nova Comisión Territorial de Coordinación da Delegación na que tomaron parte os directores territoriais das distintas consellerías.
Durante esta reunión de traballo que se leva a cabo periodicamente, a delegada abordou o estado de tramitación das principais actuacións que a Administración autonómica está a levar a cabo na zona. Aproveitou tamén para abordar as novas medidas adiantadas polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no Debate sobre o Estado da Autonomía celebrado a pasada semana.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 13/04/2026