A Xunta felicita o piloto silledense Christian Costoya tras a súa fichaxe por McLaren para competir en Fórmula 4
2026-04-15
/documents/35297/2086715/260415RecepcionChristianCostoya+%281%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 15 de abril de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiu hoxe en San Caetano o piloto silledense Christian Costoya, que vén de pechar a súa fichaxe pola escudería McLaren para competir en Fórmula 4.
Diego Calvo aproveitou a visita para felicitar tamén a Christian Costoya, de 15 anos, polo seu gran papel no recente campionato de F4 dos Emiratos Árabes Unidos, no que logrou a súa primeira vitoria na categoría.
Data de actualización: 15/04/2026