O delegado territorial da Xunta participa no corte de cinta e na entrega de premios da cuarta etapa de O Gran Camiño que se desenvolveu na provincia de Ourense

Ourense, 17 de abril de 2026

O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, participou hoxe no corte de cinta e na entrega de premios da cuarta etapa da volta ciclista a Galicia O Gran Camiño, que se desenvolveu na provincia de Ourense, e que conta coa colaboración da Administración autonómica.

A proba consistiu nunha esixente xornada de montaña entre Xinzo de Limia e Xunqueira de Espadanedo, con final no Alto do Meda. O Gran Camiño. The Historical Route percorre dende o pasado 14 de abril ata mañá 18 de abril, as catro provincias galegas ao longo de cinco etapas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/04/2026