A Xunta felicita a Valeria Batire Guridi por conquistar o subcampionato do mundo de canicrós
2026-04-22
/documents/35297/2096347/20260422RecepcionCanicros+%285%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, Roberto García, recibiu hoxe en San Caetano a Valeria Batire Guridi, atleta de Oroso que se proclamou subcampioa do mundo de canicrós a finais de 2025.
Diego Calvo aproveitou a visita para felicitar tamén a Valeria Batire Guridi pola conquista da Copa de España e polo seu segundo título de campioa española de carnicrós, modalidade de mushing no que a atleta corre unida ao seu can a través dunha liña de tiro elástica.
Data de actualización: 22/04/2026