O seguimento na quenda de mañá da folga de atención primaria acada o 1,51 % na Sanidade Pública Galega
O paro está convocado polo sindicato CIG, a única forza sindical que non se sumou ata o momento á reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026
O seguimento da folga de atención primaria convocada polo sindicato CIG na quenda de mañá deste xoves foi do 1,51 % nos centros sanitarios da comunidade galega.
Por áreas sanitarias, o seguimento na área sanitaria da Coruña e Cee foi do 0,90 %; na de Ferrol, 2,65 %; na de Santiago de Compostela e Barbanza, 1,74 %; na de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, 0,65 %; na de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, 1,17 %; na de Pontevedra e O Salnés, 1,91 %; e na de Vigo, 2,01 %.
O número total de persoal participante na folga no conxunto das sete áreas sanitarias de Galicia foi de 85 profesionais, dos que 8 son da área sanitaria da Coruña e Cee; 16 da de Santiago de Compostela e Barbanza; 11 da de Ferrol; 5 da de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; 10 da de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 11 da de Pontevedra e O Salnés; e 24 da de Vigo.
O Servizo Galego de Saúde conta na xornada de hoxe coa cobertura do 100 % dos servizos mínimos, garantindo a actividade asistencial urxente e de emerxencias.
A CIG, convocante do paro no día de hoxe de atención primaria, é a única forza sindical que decidiu non sumarse ao acordo para a reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais.