Mar e Algacari avanzan na posta en valor e recuperación da carpintería de Ribeira

Santiago de Compostela, 23 de abril do 2026

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, reuniuse coa Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira (Algacari) co fin de se seguir avanzando na posta en valor e recuperación do patrimonio marítimo galego, dando así tamén continuidade á rolda de contactos que vén mantendo con distintos axentes do sector.

No encontro, ambas as partes profundaron na colaboración que veñen mantendo nos últimos anos e que está dirixida á divulgación e promoción das embarcacións de madeira, ademais de favorecer a súa participación en actividades significativas e eventos relacionados co patrimonio marítimo.

Agalcari agrupa ao 98 % das carpinterías de ribeira activas en Galicia. A maior parte están concentradas na Ría de Arousa, onte tamén se atopan obradoiros artesanais que constrúen a maioría das embarcacións profesionais matriculadas na comunidade. Un oficio que, ademais, está declarado como Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. A súa actividade xera 100 empregos directos e uns 500 indirectos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/04/2026