Martina Aneiros participa na clausura da exposición “O Ferrol do Pasado. Memoria da vida cotiá”

Ferrol, 23 de abril de 2026

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe na clausura da exposición O Ferrol do Pasado. Memoria de vida cotiá, que acolleu o centro cultural Torrente Ballester dende o pasado 20 de febreiro.

A mostra, comisariada por Esperanza Piñeiro e Guillerme Lorca, reuniu pezas cedidas por artistas e veciños para invitar aos visitantes a descubrir como era a vida no Ferrol dos séculos XIX e XX. A través de pinturas, fotografías, textos e obxectos varios reconstruíron oficios, costumes e escenas do día a día, buscando achegar o patrimonio local ao público dende unha mirada didáctica e accesible e permitindo coñecer mellor como vivían as xeracións pasadas na cidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/04/2026