A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o conselleiro de Sanidade asisten á LXVI Festa da Lamprea de Arbo

Arbo (Pontevedra), 25 de abril de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participaron esta mañá na LXVI Festa da Lamprea de Arbo.

Os conselleiros acompañaron ao alcalde de Arbo, Horacio Gil, e á corporación municipal no percorrido pola praza na que ten lugar esta celebración. Tamén visitaron Arbomostra, onde puideron coñecer os produtos gastronómicos e os viños do municipio.

Ademais, os responsables autonómicos tamén asistiron ao pregón, pronunciado nesta edición polo comunicador Boris Izaguirre desde o balcón da Casa Consistorial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/04/2026