A Xunta licita por máis de 260.000 euros o equipamento da sala de radioloxía do servizo de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

O novo equipo contará cun dispositivo xerador de raios X, colimador, tubaxe de raios X con soporte telescópico de teito, mesa de exploración radiolóxica, bucky mural e detector dixital

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o vindeiro 8 de maio para presentar as súas ofertas

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2026

A Consellería de Sanidade vén de publicar no Portal de Contratos de Galicia a licitación, por un importe de 260.755 euros, dunha sala de radioloxía dixital robotizada con destino ao Servizo de Urxencias do Hospital Universitario da Coruña.

O novo equipamento disporá dun equipo xerador de raios X, colimador, tubaxe de raios X con soporte telescópico de teito, mesa de exploración radiolóxica, bucky mural e detector dixital.

Así mesmo, a empresa que resulte adxudicataria deberá encargarse das actuacións que sexan necesarias para a instalación dos equipos.

As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen ata o vindeiro 8 de maio para presentar as súas ofertas.

Data de actualización: 27/04/2026