O delegado territorial da Xunta en Ourense mantén un encontro de traballo co alcalde de Viana do Bolo
2026-04-29
/documents/35297/2104995/290426+Reuni%C3%B3n+alcalde+de+Viana+do+Bolo+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 29 de abril de 2026
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Viana de Bolo, Germán García-Ávila, para avaliar posibles vías de cooperación conxunta de cara ao futuro e analizar os principais proxectos de interese municipal que se están a levar a cabo coa colaboración da Administración autonómica.
Manuel Pardo destacou a importancia de manter un diálogo continuo cos representantes das administracións locais co fin de coñecer de primeira man as súas necesidades en cuestións relacionadas coa Xunta, e así mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 29/04/2026