Xunta, Autoridade Portuaria e Zona Franca asinan a compravenda de tres parcelas na Plisan para a conserveira Albo

Vigo, 29 de abril de 2026

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Carlos Botana, e o delegado especial do Consorcio Zona Franca, David Regades, asinaron hoxe a compravenda de tres parcelas agrupadas na Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra–As Neves (Plisan) para a conserveira Hijos de Carlos Albo e que supoñen unha superficie total de case 63.000 m².

Esta actuación permite consolidar a implantación da conserveira nesta plataforma loxística e industrial, reforzando o papel da Plisan como espazo estratéxico para a atracción e crecemento de proxectos empresariais en Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/04/2026