O delegado territorial da Xunta participa no corte de cinta e na entrega de premios da segunda etapa de ‘La Vuelta Femenina’, que se desenvolveu na provincia de Ourense
2026-05-04
/documents/35297/2114536/040526+Carreira+ciclista+La+Vuelta+Femenina+1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 4 de maio de 2026
O delegado territorial da Xunta, Manuel Pardo, participou hoxe no corte de cinta e na entrega de premios da segunda etapa de La Vuelta Femenina, que cubriu o percorrido entre Lobios e San Cibrao das Viñas, e que conta coa colaboración da Administración autonómica.
Manuel Pardo destacou que a celebración desta competición consolidada no calendario WorldTour, é unha mostra do compromiso da Xunta cos grandes eventos deportivos que impulsan o turismo e a proxección internacional da provincia de Ourense.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 04/05/2026