A Xunta adxudica por máis de 2,4M€ a renovación do firme en tres estradas de titularidade autonómica ao seu paso por cinco concellos da provincia de Lugo

As intervencións centraranse nas estradas LU-021, LU-115 e LU-541, nos seus percorridos polos municipios de Lugo, Vilalba, Castro de Rei, Begonte e Outeiro de Rei

Os traballos teñen como obxectivo mellorar as características funcionais e a seguridade viaria en distintos treitos destas vías autonómicas

As obras consistirán na rehabilitación superficial do firme destas estradas, restaurando as características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade

O departamento que dirixe M. Allegue segue a apostar pola na mellora das características da rede actual de vías de titularidade da Xunta, que acadará este ano o novo o récord histórico en investimento en conservación viaria, con 71,6 M€

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2026

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a través da Axencia Galega,  vén de adxudicar as obras de renovación do firme en tres estradas de titularidade autonómica ao seu paso por cinco concello da provincia de Lugo, por un investimento de 2.409.522,76 euros.

Este contrato, adxudicado á empresa Construcciones Isidro Otero S.L., permitirá executar as obras de reforzo do firme nas estradas LU-021, LU-115 e LU-541, nos seus percorridos polos municipios de Lugo, Vilalba, Castro de Rei, Begonte e Outeiro de Rei.

O obxectivo é mellorar as características funcionais destas estradas de titularidade da Xunta e reforzar a seguridade viaria en distintos treitos.

En concreto, en todas as intervencións inclúese a rehabilitación superficial do firme destas estradas, con actuacións que incorporan a restauración ou mellora das características do pavimento, adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade segundo a tipoloxía e necesidades de cada unha delas.

Así, as obras incluirán a reparación de zonas de firme danado mediante fresados localizados e reposición dunha capa de firme; selado de fisuras lineais con mestura bituminosa, renovación e homoxeneización da rodadura.

A maiores, segundo as necesidades das distintas vías autonómica, defínense unha serie de actuacións complementarias necesarias para a correcta execución dos traballos, como é a reposición de marcas viarias (liñas continuas e descontinuas, cebras, símbolos e resaltes) nos tramos onde se renove a capa de rodaxe e nos tramos onde a xa existente perdeu as súas prestacións.

A Xunta segue a traballar e a apostar tamén pola mellora das características da rede actual de estradas de titularidade autonómica, supoñendo un menor custo de mantemento a longo prazo e unha mellora da seguridade viaria. O departamento que dirixe María M. Allegue acadará de novo o récord histórico en investimento en conservación de estradas da rede autonómica neste ano, con 71,6 M€.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/05/2026