Villaverde destaca o sector do mexillón como motor estratéxico da acuicultura galega
Boiro (A Coruña), 13 de maio do 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe as instalacións da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia (OPMEGA) en Boiro para coñecer a situación actual da súa actividade. O encontro permitiu coñecer de primeira man os avances no traballo da organización e reforzar a colaboración da Xunta cun sector que é pilar básico da actividade acuícola na nosa comunidade.
Con este encontro, a responsable autonómica ratificou o compromiso coa miticultura galega, líder europeo en produción e exemplo de sustentabilidade. A valorización do produto nos mercados e o apoio á cadea mar-industria seguen a ser prioridades estratéxicas para asegurar a rendibilidade e futuro desta actividade extractiva nas rías galegas.