O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes súmase ás celebracións do Día das Letras Galegas no Centro Galego de Avellaneda

Bos Aires (Arxentina), 17 de maio de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, sumouse ás celebracións do Día das Letras Galegas no Centro Galego de Avellaneda, onde se reuniron máis de 150 persoas da colectividade galega en Bos Aires para festexar un dos piares da identidade cultural de Galicia.

O Centro Galego de Avellaneda foi fundado en 1899 co nome de Centro Galego de Barracas do Sur e é coñecido como un dos máis activos da área de influencia da capital bonaerense.

Na xornada de sábado e tamén no marco da súa visita a Bos Aires, Diego Calvo achegouse así mesmo á sede da Asociación Civil Unión Residentes de Outes, onde se reuniu coa súa directiva e asinou no libro de honra.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2026