O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes celebra o Día das Letras Galegas coa colectividade galega en Bos Aires

Bos Aires (Arxentina), 17 de maio de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, festexou este 17 de maio, Día das Letras Galegas, xunto á colectividade galega en Bos Aires. Participou nunha celebración no parque Tres de Febreiro, no xardín do Rosedal de Palermo, na que se xuntaron representantes das diferentes asociacións galegas da cidade para homenaxear a cultura e a literatura de Galicia e realizar unha ofrenda floral ante a estatua de Rosalía de Castro.

Diego Calvo destacou o privilexio de compartir esta xornada coa xente que, durante décadas e a máis de 10.000 quilómetros de Galicia, mantivo viva a nosa lingua, a nosa cultura e o noso folclore, e valorou así mesmo o traballo das familias e das asociacións galegas para transmitir ás novas xeracións o idioma e as tradicións. “Sinto un gran orgullo de ver como os máis pequenos falan en galego e manteñen viva a nosa cultura”, afirmou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2026